publicidade hoxe

Adiante! con Díaz Castro. Espectáculo poético musical en Gondomar no Día das Letras Galegas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Chega una nova conmemoración do Día das Letras , este ano cunha merecida homenaxe a Xosé María Díaz Castro, figura de referencia da poesía galega do século XX. Dende o Instituto de Estudos Miñoranos lembraraseao escritor no marco do espectáculo poético-musicalAdiante! con Díaz Castro a celebrarse o vindeiro domingo 18 de maio no Auditorio Municipal de Gondomar “Lois Tobío” a partir das 19:30

Sempre baixo o coidado de Miguel Anxo Mouriño, este ano entrarán a escena o dúo integrado por Héctor Lorenzo e Santi Cribeiro que ofrecerán un concerto titulado “Un paso (sempre) adiante”, con poemas musicados . Pechará o espectáculo un recital de poemas de Nimbos a cargo de persoas relacionadas co mundo da cultura e con Gondomar. Presenta e conduce a escritora Marta Dacosta.

Entrada gratuíta ata completar cabida.

16 de maio de 2014 | 10:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.