Adegueiros, catadores e visitantes disfrutan no Centro Social de Barrantes do viño tinto do Salnés
As precatas da XLII Festa do Viño Tinto do Salnés chegan a súa segunda xornada con satisfacción para os seus participantes. Colleiteiros, catadores e público en xeral puideron disfrutar da calidade dos viños presentados nesta convocatoria. A deliberación do recentemente creado Comité de Catas convertese así nunha tarefa difícil a hora de valorar os caldos que se presentaron a concurso.
As precatas proseguen esta semana ata o sábado 31 de maio e están abertas o público en xeral que pode participar na degustación de xeito gratuíto. Este ano, tamén como novidade, están centralizadas no Centro Social de Barrantes, tódolos días a partir das 21:00 horas. O último día coñecerase a clasificación dos doce viños tipo Barrantes que participaran na final.
XLII FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS
Os preparativos para a XLII Festa do Viño Tinto do Salnés chegan o seu fin e será este venres 30 de maio cando se presente a programación completa desta cita ineludible no calendario de ocio da comarca. O acto terá lugar na adega dun dos colleiteiros participantes e nela estarán a alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, concelleiros, membros da comisión organizadora e representantes da orde de Valedores do Viño Tinto do Salnés.











