Actuacións de aglomerado en pistas e camiños da zona rural de Ferrol

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

O servizo municipal de Mantemento de Infraestruturas Viarias do Concello de Ferrol informou hoxe das últimas intervencións de aglomerado de pistas e camiños realizadas ao longo da semana pasada nas parroquias da zona rural. En total os operarios desta prestación pública que leva a cabo Misturas S.A. como empresa adxudicataria fixeron unha decena de actuacións de aglomerado repartidas en diferentes lugares de Doniños, San Felipe, Mandiá, Esmelle e Serantes.

A relación completa de tarefas de aglomerado no rural acometidas entre os pasados días 12 e 16 deste mes de maio foron:

– Doniños: Estrada principal e varias pistas.

– San Felipe: Estrada de Cariño.

– Mandiá: Estrada principal, estrada Carabois-Mandiá.

– Estrada de Covas-Esmelle.

– Estrada de Serantes.

– Estrada de Valdomero – Beceiro.

– Camiño de Cos.

20 de maio de 2014 | 11:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.