Acordos do pleno ordinario da Deputación de Ourense
APROBACIÓN DA CONTA XERAL DO EXERCICIO 2013
Acordo:
1º.- Emitir informe favorable á conta xeral do exercicio 2013, conforme co establecido no artigo 212.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, co seguinte detalle:
Primeiro.- Conta Xeral do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico do exercicio 2013, da que se obteñen os seguintes datos:
• Resultado orzamentario axustado: 20.621,68 €
• Remanente de tesourería para gastos xerais: -125.699,19 €
• Balance: 17.002.909,97 €
Segundo.- Conta Xeral da Deputación Provincial de Ourense do exercicio 2013, da que se obteñen os seguintes datos:
• Resultado orzamentario axustado: 16.166.331,89 €
• Remanente de tesourería para gastos xerais: 16.443.925,27 €
• Balance: 561.178.962,73 €
2º.- Que a Conta xeral co presente informe sexa exposta ó público por prazo de quince días, durante os cales e oito máis, segundo o previsto no artigo 212.3 da LRFL, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observación. En caso de que non se formulen, someterase ó Pleno da corporación sen necesidade de novo informe.
*APROBACIÓN DO EXPEDIENTE DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITOS Nº 3/2014
Acordo:
– Autorizar os suplementos de crédito polos importes e nas aplicacións orzamentarias que figuran nos cadros adxuntos:
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS CORRENTES
APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
912.11/226.01 Atencións protocolarias e representativas. Corporación Provincial 8.670,00 €
912.11/227.06 Estudios e traballos técnicos. Corporación Provincial 40.000,00 €
920.01/227.06 Estudios e traballos técnicos. Secretaría Xeral 25.800,00 €
450.12/207.00 Prestación servizos. Cooperación Provincial 4.760,52 €
450.12/226.01 Atencións protocolarias e representativas. Cooperación Provincial 9.952,34 €
SUMA SUPLEMENTOS DE CRÉDITO 89.182,86 €
SUPLEMENTOS DE CRÉDITO. GASTOS DE INVESTIMENTO
APLICACIÓN EXPRESIÓN IMPORTE €
419.16/632.00 Edificios e outras construcións. Predio Armariz 200.000,00 €
453.11/619.03 Reparación vías provinciais. Vías provinciais 1.000.000,00 €
SUMA SUPLEMENTOS DE CRÉDITO 1.200.000,00 €
RESUMO
Suma suplementos de crédito…………………………………………. 1.289.182,86 €
RECURSOS UTILIZADOS
Remanente Tesourería. Subconcepto 870.00 para financiar gastos xerais 205.804,16 €
Recursos procedentes da redución de capital da Sociedade Urbanística Provincial Urbaourense. Subconcepto 850.00
1.083.378,70 €
Autorizar o incremento de 20.000,00 euros na subvención concedida ao Concello de Ribadavia (120.000,00) para a construción de pasarela sobre o Río Avia, na modificación de créditos 1/2014 aprobada en sesión plenaria de 28 de febreiro de 2014.
De acordo co artigo 169 da Lei reguladora das facendas locais, por remisión do artigo 177.2 do mesmo texto legal, o expediente será exposto ao público, tralo anuncio no Boletín Oficial da Provincia, por 15 días, durante os cales os interesados poderán examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado se durante o citado prazo non se presentasen reclamacións.
*DELEGACIÓN DE COMPETENCIA DO CONCELLO DE RAIRIZ DE VEIGA PARA A EXECUCIÓN DE SENTENZA DO XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO Nº 2 DE OURENSE NOS AUTOS 205/2012
Acordo:
Aceptar a delegación de competencia efectuada na Deputación Provincial de Ourense polo Concello de Rairiz de Veiga, mediante acordo do Pleno do dito concello de data 16 de maio de 2014, para proceder á execución da sentenza ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo n.º 2 de Ourense nos autos n.º 205/2012.
*DAR CONTA DO INFORME SOBRE O ESTABRECIDO POLO ARTIGO 104 BIS DA LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL, SOBRE PERSOAL EVENTUAL
INFORME SOBRE O ESTABLECIDO POLO ARTIGO 104 BIS DA LEI DE BASES DE RÉXIME LOCAL, SOBRE PERSOAL EVENTUAL.
DITAME
O Sr. secretario dá conta do seguinte informe da Presidencia, de data 21 de maio de 2014:
“O artigo 104.bis da Lei de bases do réxime local, introducido pola Lei de racionalización e sostibilidade da administración local, establece unha serie de limitacións ao persoal eventual das entidades locais, sinalando que no caso das deputacións provinciais o número de postos de traballo cuxa cobertura lle corresponde ao persoal eventual será o mesmo que o do municipio máis poboado da provincia, que no caso de Ourense se traduce en que o número de persoal eventual non pode exceder do número de membros da corporación local.
Por conseguinte, na Deputación Provincial de Ourense o número máximo de persoal eventual sería de vinte e sete (27).
Na Deputación Provincial na actualidade existen seis (6) empregados coa condición de persoal eventual: catro (4) asesores da Presidencia (un asesor de comunicación, un asesor técnico, un asesor de política deportiva e un asesor de política cultural) e dous (2) asesores do grupo provincial do BNG (un técnico medio e un administrativo).
En todos os casos o persoal eventual está asignado a servizos xerais desta Deputación.
Por conseguinte, a Deputación Provincial de Ourense cumpre no momento actual as limitacións establecidas no artigo 104.bis da Lei de bases do réxime local.
O apartado sexto do dito artigo establece que o presidente da entidade local informará ao Pleno, con carácter trimestral, do cumprimento do previsto no dito artigo, polo que se emite o presente informe, do que se dará conta á comisión informativa de Persoal, Promoción Económica, Emprego e Políticas de Igualdade, así como ao Pleno da Corporación”.
*MODIFICACIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN ÁS OBRAS E SERVIZOS MUNICIPAIS E DA REDE VIARIA PROVINCIAL DO EXERCICIO 2014, RELATIVA Á OBRA MUNICIPAL DO CONCELLO DE PORQUEIRA CORRESPONDENTE AO PLAN COMPLEMENTARIO
Acordo:
Modificación do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2014 no relativo ao termo municipal de Porqueira, incorporando ao plan complementario a obra “Construción de vestiarios e de edificio auxiliar para a piscina fluvial de A Forxa” cun orzamento de 102.997,72 €, en substitución da obra “Mellora do abastecemento domiciliario nos pobos de Faramontaos –Telladas- Rial –Fontemoura- Reboreda e Forxa 2ª fase” cun orzamento de 50.000,00 €.
*APROBACIÓN DA MOCIÓN PARA DENUNCIAR O ATRASO NA TRAMITACIÓN DE NOVAS AXUDAS RISGA
Acordo:
Instar á Xunta de Galiza a cumprir coa Lei 10/2013, de 27 de novembro, de Inclusión social de Galiza que, no seu artigo 37, recolle como prazo para a resolución dunha solicitude de RISGA dous meses.
Instar á Xunta de Galiza a incrementar a dotación de fondos no programa da RISGA ante o incremento de persoas en situación de exclusión social.
Instar a Xunta de Galiza a que se recoñeza o dereito á inclusión social para que se poidan adscribir ao RISGA as persoas que o precisen
*APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE A MELLORA DA ESTRADA VIANA DO BOLO – VILARIÑO DE CONSO – MANZANEDA – A POBRA DE TRIVES (OU- 0908 e OU OU-0701)
Acordo:
Requerir á Área de Infraestruturas desta Deputación para que realice os estudos técnicos e valoracións correspondentes do arranxo integral da estrada Viana do Bolo-Vilariño de Conso-Manzaneda-A Pobra de Trives.
Incluír o proxecto dentro das actuacións a executar dentro da rede viaria provincial, de conformidade coas dispoñibilidades orzamentarias.
*APROBACIÓN DA MOCIÓN SOBRE A CREACIÓN DUN REGULAMENTO SOBRE AS BRIGADAS DE VÍAS E OBRAS DA DEPUTACIÓN DE OURENSE
Acordo:
Revisar as normas de 1996 que regulan o funcionamento das brigadas de Vías e Obras desta Deputación, elaborando un texto que se someta á consideración da comisión correspondente para que os grupos políticos fagan as aportacións que xulguen oportunas.











