ACEM conciencia sobre o Día Mundial da Esclerose Múltiple

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O día 28 de maio, último mércores de dito mes como ven sendo habitual, celébrase o Día Mundial da EM, que no 2014 trata sobre “Accesibilidade”. Este ano, ACEM está a colaborar coa Asociación de EM de Collado Villalba na realización dos actos conmemorativos que se están a organizar en Santiago de Compostela para esas datas e que consisten en:

· Martes 27 de maio. Conferencias e cea de confraternidade no hotel Santiago Apóstol no Monte do Gozo:

 As 18,30h. Conferencia “Accesibilidade aos medicamentos de EM existentes no mercado” coa participación de José M. Prieto (neurólogo CHUS).  A continuación, a terapeuta ocupacional de ACEM-Coruña, Candela Presedo, fará unha presentación de axudas técnicas.

· Mércores 28 de maio.

 Realización do último tramo do Camiño de Santiago, de case 4 Km dende a Praza Concordia (saída as 8,30h e haberá reserva de prazas de aparcamento para os vehículos dos participantes) ata a Praza do Obradoiro (chegada aproximada en torno as 11 h). No percorrido participarán membros das distintas asociacións de EM de Galicia e de Collado Villalba, ademáis da Asociación canina de cans de familia e de terapia “Só lles falta falar”.

Faranse 2 paradas durante o rota e haberá WC móbiles. O percorrido foi realizado previamente pola persoa organizadora en cadeira de rodas para estudar a súa viabilidade. Así mesmo, neste día contarase coa presenza de persoal voluntario para apoiar a persoas con mobilidade reducida. Na Praza do Obradoiro terá lugar o acto final:

 As 11h, coincidindo coa chegada á praza dos participantes do recorrido, iniciarase un “Flashmob” coa participación de 100 alumnos do Instituto Rosalía de Castro coa música de Macaco “Mensajes del agua”.

 Acto de concienciación sobre a EM e agradecementos

20 de maio de 2014 | 13:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.