Ábrese o prazo de inscrición no espazo ‘Convive en Igualdade. Ludoteca Verán – Campamento urbano – 2014′ de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O luns 12 de maio ábrese o prazo de inscrición do servizo de conciliación e coeducación “Convive en igualdade” (Ludoteca de Verán – Campamento urbano) para o ano 2014, organizada pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello de Verín.

Este servizo, que busca conciliar a vida laboral e familiar dos proxenitores e cubrir o tempo vacacional dos/as menores, comezará o 23 de xuño e finalizará o 09 de setembro, de luns a venres, con distribución por idades e contratación de persoal cualificado co obxecto de fomentar o emprego entre os/as mozos/as do municipio -sete monitoras/es de lecer e/ou animación sociocultural, ademais sete monitoras/es de voluntariado e persoal en prácticas-.

7 de maio de 2014 | 12:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.