Abertas as solicitudes para estadías de fin de semana en balnearios da provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

Estas estadías que subvenciona a Deputación de Ourense abranguen estancias de 2 días de duración (1 noite) de sábado a domingo en Arnoia Caldaria, Laias Caldaria e Lobio Caldaria, incluíndo pensión completa e técnicas balnearias para os adultos, estancia e programa de ocio para nenos/as acompañantes menores de 12 anos. Os prezos son 74 euros fin de semana individual sen cargo no caso de que vaia un menor e 124 euros fin de semana en parella, podendo tamén levar un menor sen que supoña custo a maiores

A concelleira de Benestar e Emigración, Mª Paz Pérez Asorey, informa sobre o programa de cultura termal da Deputación de Ourense no que, entre os requisitos para poder ser persoa beneficiaria nesta modalidade, se atopa o de ter cumpridos os 18 anos de idade. A presentación de solicitudes pódese facer ata o 15 de novembro na Concellería de Benestar e Emigración do Concello lalinense.

As ditas axudas da Deputación de Ourense financiarán estadías das persoas beneficiarias nos establecementos balnearios da provincia de Ourense, de 2 días de duración (1 noite), de sábado a domingo, incluíndo pensión completa e técnicas balnearias para os adultos, estancia e programa de ocio para nenos/as acompañantes menores de 12 anos de idade, cun máximo dun menor por solicitante, de ser o caso.

Quedan excluídos os servizos de transporte aos establecementos, polo que as persoas participantes realizarán as viaxes de ida e de regreso cos seus propios medios. O prezo dunha fin de semana individual é de 74 euros; fin de semana en parella, 124 euros, podendo en ambos os dous casos levar un menor sen que supoña custo a maiores. Os balnearios que ofertan estas estadías de fin de semana son: Arnoia Caldaria, Laias Caldaria e Lobios Caldaria.

PROGRAMA DE LECER SAUDABLE E TERMALISMO

Por outra parte, a Concellería que dirixe Mª Paz Pérez Asorey, tamén informa do programa de lecer saudable e termalismo na provincia de Ourense a fin de fomentar o  lecer saudable das persoas maiores .

Este programa ofrécese en dúas modalidades: estadías balnearias e tratamentos balnearios. As estadías abranguen estancias dos beneficiarios nos establecementos balnearios da provincia de Ourense de 6 días de duración (5 noites) de luns a sábado (en réxime de habitación dobre compartida, pensión completa, con bebida, dez técnicas balnearias, revisión médica dos beneficiarios á súa chegada e programa de animación social).

Pola súa parte, os tratamentos balnearios (sen estadía no establecemento) inclúen o uso de técnicas balnearias (vinte técnicas balnearias en quendas de dez días consecutivos) e a realización dunha revisión médica do beneficiario no primeiro día da súa chegada ao establecemento.

Son requisitos para poder optar a este programa de termalismo saudable o de ter cumpridos os 50 anos na data de formulación da solicitude. O prazo de presentación de solicitude é ata o 15 de novembro.

7 de maio de 2014 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.