Abel Caballero insiste en que o aeroporto de Vigo “ten e vai ter voos internacionais”
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en que o aeroporto de Vigo “ten e vai ter voos internacionais” e pediu a ministra de Fomento, Ana Pastor, que rectifique as súas declaracións sobre que Santiago sexa “unha verdadeira terminal internacional, porque é a capital e o referente”.
Así, dirixiuse á ministra para pedilo que se “esqueza diso” porque “esta cidade non lle vai deixar que intente minimizar os voos internacionais de Vigo para levalos a Santiago financiados pola Xunta, porque o diñeiro da Xunta é de toda Galicia non só de Santiago”, recalcou.
“Quero crer que non apoia as subvencións ilegais e que non apoia as subvencións que discriminan as condicións en que cada un concorre á competencia”, manifestou o alcalde, que incidiu en que cre que as declaracións da ministra foron “unha lapsus” e que, polo tanto, “o”vai rectificar”.
Neste sentido, repetiu que Vigo terá voos a París, a Londres, a Frankfurt e eventualmente a Milán. Ademais, recordou que lle presentou a Pastor unha petición para establecer a ruta Vigo-Bruxelas e que esta sexa declarada servizo público e financiada dende Europa, porque a Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA) “é a única axencia europea que non ten conexión” coa capital belga.
“En Vigo non imos tolerar que siga adiante coa súa potenciación de aeroporto Santiago en detrimento de Vigo”, concluíu o rexedor, que engadiu que Vigo ten o segundo destino turístico de Galicia, as Illas Cíes, e establecer rutas internacionais é unha demanda turística.