A XLII Festa do Viño Tinto do Salnés comezará o 26 de maio coas primeiras catas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioRibadumia
A-
A+

A programación da XLII Festa do Viño Tinto do Salnés comezará coas primeiras catas do 26 o 31 de maio, ambos inclusive. Este ano acordouse como novidade a centralización das catas no Centro Social de Barrantes e a creación dun comité de catas formado por viticultores e catadores que permita homoxeneizar e profesionalizar as valoracións dos mellores caldos.

A presentación de viños na categoría de autóctonos deberán entregarse os días 14 e 15 de maio Centro Social de Barrantes entre as 19:00 e as 22:00 horas, co fin de envialos a analizar o Centro Enolóxico de Leiro. Para os, viños tipo Barrantes a entrega pódese facer os días 21 e 22 de maio no mesmo no mesmo centro e horario, mantendose a norma de seis botellas tipo bordelesa en ambos casos.

A primeiras catas para clasificar os doce viños tipo Barrantes para a final farase do 26 ao 31 de maio a partir das 21:00 horas no Centro Social de Barrantes e a precata final será os días 4 e 5 de xuño as 21:00 horas. Cada adega pode presentar un máximo de dous viños.

Stands na festa

O Concello de Ribadumia mantén aberto o prazo para que todos aqueles colleiteiros que estean interesados en participar na venta de viño durante a celebración da festa de Barrantes soliciten a súa participación nos stands de venda. Deben pasar polas dependencias municipais ou poñerse en contacto con calquera dos membros da Comisión de Festas antes do próximo día 15 de maio. Como en todas as edicións, os postos de venda de viño situaranse na carpa habilitada na avenida Bouza Martín.

8 de maio de 2014 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.