A ximnasia rítmica da comarca deuse cita en Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarralDeportes
A-
A+
Exhibición de ximnasia rítmica

Exhibición de ximnasia rítmica

O domingo 4 de maio o concello de Carral celebrou unha nova edición do Certamen de Municipal de Gimnasia Rítmica. Neste xa clásico evento deportivo, participaron as mozas da Escola Municipal de Abogondo, do club Mª Barbeito, do Brexo Lema, de Oza dos Ríos e da Escola Municipal de Carral, abarcando así un amplo abanico representativo da comarca coruñesa.

En total actuaron 146 gimnastas, que desenvolveron 32 actuacións, tanto colectivas como individuais, e ao redor de 350 espectadores, entre familiares e público. As idades das deportistas oscilaron entre os 3 anos das máis precoces e os 14 das máis “veteranas”.

A xornada deportiva comezou ás 11.00 h no pabellón municipal de “O Espiño”, e ao longo da 1 hora e 15 minutos que durou a exhibición, as gimnastas mostráronnos o seu dominio en diferentes disciplinas e aparellos deste deporte. Unha vez terminada as actuacións, sobre as 12.15 h, o alcalde da localidade, José Luís Fernández Mouriño, fixo entrega a todas as deportistas dun diploma conmemorativo do certamen.

Novas actividades

Doutra banda, a concellería de deportes está ultimando a última actividade que pechará a programación deportiva desta primavera. O día 31 de maio terá lugar clausúraa das escolas deportivas, culturais e educativas municipais, acto en que participarán ao redor de 400 alumnos/as.

Todas estas actividades continúan o programa de promoción e fomento do deporte que o Concello de Carral, mediante o seu departamento de deportes, está desenvolvendo durante este ano 2014.

5 de maio de 2014 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.