publicidade hoxe

A VII Semana adicada aos maiores de Ourense contará con múltiples actividades deportivas, culturais e de ocio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A Semana adicada aos Maiores organizarase a última semana de maio por sétimo ano consecutivo, con multitude de propostas de ocio, culturais e deportivas, destinadas a persoas maiores de 65 anos. A concelleira de Saúde e Benestar Social, Marga Martín, e a coordinadora María José Valeiras, presentaron esta mañá no Salón de Plenos os detalles da programación que inclúe actividades desde o luns 26 de maio ata o venres 30 de maio.

Todas elas son de asistencia libre e gratuíta, excepto as obras teatrais -as prazas son limitadas, necesario convite-, a comida -necesaria reserva e abono do menú-, e a visita turístico cultural -necesario convite e volante de empadroamento-.

Reservas e máis información, desde o luns día 19 de maio na Concellería de Benestar Social, na rúa Bispo Carrascosa, nº 14, en horario de 9 a 13 h; ou no teléfono 988388171.

Marga Martín denominou a programación como “un colofón perfecto para as actividades que organizamos durante todo o curso. Un de cada catro ourensáns son maiores de 65 anos, polo que todo o que fagamos por eles é pouco”. Martín suliñou o importante papel que xogan estas actividades para participar dun envellecemento activo, coa relación con outras persoas con gustos similares, novas amizades, etc.”

A programación completa de actividades é a seguinte:

Luns, 26 de maio

10 h (Praza Maior): Presentación oficial da VII Semana adicada aos maiores, con demostración de tai chi ao aire libre.
11:30 h (Xardín do Posío): Cachibol.
20:30 h (Paraninfo do Otero Pedrayo): Recital de Corais, coa participación da coral “Gaudeamus” e a coral rondalla “Os Afiadores”.

Martes, 27 de maio

10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 h (Xardín do Posío): Cachibol.
20:30 h (Teatro Principal): Representación da obra teatral “Moito ruído e poucas noces”, do grupo Aturuxo.

Mércores, 28 de maio

10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 h (Xardín do Posío): Cachibol.
20:30 h (Teatro Principal): Representación da obra teatral “Moito ruído e poucas noces”, do grupo Aturuxo.

Xoves, 29 de maio

10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 (Xardín do Posío): Cachibol.
14:30 (Restaurante A Carballeira de Santa Cruz): Comida da VII Semana adicada aos maiores.
16:30-19:30 (Restaurante A Carballeira de Santa Cruz): Baile.

Venres, 30 de maio

8:30 h (saída en Tras Alameda): Visita turístico cultural pola ruta A Coruña e Rías Altas.
10 h (Xardín do Posío): Tai chi ao aire libre.
11:30 (Xardín do Posío): Cachibol.

16 de maio de 2014 | 12:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.