A “VII Edición do Día do Balonmán na Rúa” invade Cangas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangas
A-
A+
Actividades de balonmán na rúa

Actividades de balonmán na rúa

Este domingo o casco urbano viviu un auténtico desembarco de cativos chegados de toda a provincia para a celebración da “VII Edición do Día do Balonmán na Rúa” que puxo o punto e final á temporada das Escolas Deportivas da Federación Galega de Balonmán e a Deputación de Pontevedra, que se celebran de entre os meses de maio e outubro e nas que participan 2.700 nenos e nenas en 31 concellos da provincia.

A vila morracense acolleu por primeira vez este evento deportivo, que en anteriores edicións se celebrou en Pontevedra, Vigo ou nas instalacións do Príncipe Felipe. Está previsto que este torneo reúna a máis de 1200 cativos e 220 monitores das diferentes escolas deportivas e clubs da provincia e incluso escolas de Ourense ou A Coruña que se suman a esta festa. Durante a xornada, que deu comezo ás 10.30 horas, os rapaces de entre 8 e 14 anos disputaron 300 partidos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín mixto e infantil masculino e feminino, en 10 campos instalados para a ocasión en varios puntos da vila coma as explanadas de Ojea ou o entorno da Alameda Vella.

Final da Copa Deputación

Unha vez finalizado o torneo os cativos trasladáronse ao pavillón do Gatañal onde celebrouse a entrega de medallas despois da cal, ás 18.00 horas, puideron gozar da final da Copa Deputación, que enfrontou ao Frigoríficos do Morrazo co S.D. Teucro coa vitoria final do equipo local por 26 – 22. O alcalde de Cangas José Enrique Sotelo foi o encargado de entregar o trofeo aos campión da Copa Deputación de Balonmán poñendo o broche de ouro a xornada.

18 de maio de 2014 | 21:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.