Á venda o luns as entradas para a comida da Festa do Viño Tinto en Barrantes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O luns póñense á venda as entradas para acudir á tradicional comida de confraternidade da Festa do Viño Tinto do Salnés, o sábado 7 de xuño. As persoas interesadas en participar poden adquirilas no Concello, en Nova Galicia Banco, Banesto, Agrícola Piris e na cafetería Che.

A comida celébrase o sábado 7 de xuño no pavillón de Barrantes, con capacidade para aproximadamente 700 comensais. O prezo do cuberto é de 25 euros e o menú está composto por polbo, empanada, carne ao caldeiro, viño tinto e fresas ao viño. Durante esta comida daranse a coñecer os nomes dos mellores colleiteiros de viño autóctono e da variedade Tinto de Barrantes da tempada.

Precatas

A comisión organizadora desta XLII FESTA DO VIÑO TINTO DO SALNÉS xa contas con 30 viños autóctonos que se entregaron entre o mércores e o xoves desta semana. Agora serán enviados o centro enolóxico de Leiro para seren analizados. As precatas que comezan o 26 de maio no Centro Social de Barrantes e como novidade este ano nomeouse un comité de catas formado por catadores e viticultores con representación de tódalas parroquias de Ribadumia. O obxectivo que se persegue con este novo sistema e obter uns criterios de valoración mais homoxéneos.

16 de maio de 2014 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.