A UVigo tamén participará no Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra 2014
A Universidade de Vigo tamén participará no Campionato do Mundo de Dúatlon de Pontevedra 2014, que se celebrará os días 31 de maio e 1 de xuño. O Comité Organizador do Mundial e a Universidade de Vigo alcanzaron un acordo para ofrecer ao participantes servizo de fisioterapia e de control antropométrico de forma gratuíta.
Servizo de fisioterapia: A Facultade de Fisioterapia da Universidade de Vigo disporá no Pavillón Universitario un servizo de fisioterapia para atender ás e os deportistas do Mundial. Haberá 8 padiolas e 14 persoas por quenda para atender de forma gratuíta aos duatletas o sábado (de 09 a 21 horas) e domingo (de 09 a 19 horas).
Control antropométrico: A Facultade de Ciencias do Deporte, da Universidade de Vigo, prestará un servizo de medición antropométrica entregándolles aos/as duatletas participantes o seu informe individualizado, unha vez finalizado a súa medición durante 30 minutos. O control realizarase no Pavillón Universitario o sábado de 09 a 21 horas e o domingo de 09 a 19 horas. Para poder realizar esta proba nas condicións idóneas, o deportista debe acudir 3 horas (mínimo) antes ou despois de realizar calquera adestramento ou competición.
Este control permitirá coñecer os valores métricos dun corpo especializado na práctica do dúatlon, que son diferentes aos valores doutros deportistas.











