A urbanización da rúa Asturias estrea alumeado público

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Os veciños da urbanización da Rúa Asturias verán por vez primeira esta noite iluminarse as rúas que dan acceso as súas vivendas. Despois dunha complicado e longo proceso, o Concello culminou a tramitación para poder conectar á rede eléctrica os farois do alumeado público que se estreará esta mesma noite.

O prendido do alumeado público na urbanización emprazada na parroquia de Trabanca Badiña era unha demanda que os veciños viñan reivindicando dende que comezou a habitarse esta nova zona residencial. Tanto as rúas deste barrio como o estacionamento do supermercado anexo (Carrefour) dispoñían dende hai tempo dos farois e puntos de luz, aínda que faltaba por executar a conexión á rede subministradora. Obter os permisos pertinentes ante o Ministerio, a compañía eléctrica, os boletíns de alta e realizar o enganche supuxo unha longa tramitación que culminou de forma exitosa hai uns días.

O concelleiro de Obras e Servizos, Jesús Longa e os responsable de alumeado do Concello supervisaron esta mañá as probas de prendido das luminarias da Rúa Asturias e do estacionamento do supermercado, visita que realizaron na compaña do presidente da comunidade de veciños da urbanización. Comprobado que o funcionamento era correcto, o alumeado comezará a funcionar de xeito definitivo esta mesma noite.

27 de maio de 2014 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.