A unidade móbil da ITV para turismos despr’azase a Cedeira
Os veciños interesados en realizar a revisión da ITV do seu vehículo en Cedeira poderán facelo esta semana. E é que a unidade móbil da ITV visitará a vila os días 8 e 9 de maio. Neste senso, o Concello lembra que aínda poden solicitar cita chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou entrando na páxina web www.sycitv.com (apartado cita previa) e concretar o horario. A medida permite evitar os desprazamentos a Ferrol e é posible grazas ás xestións do Concello, que solicitou á ITV que desprazase unha das súas unidades móbiles a Cedeira para facilitar as inspeccións. En base a esta relación de colaboración, os veciños xa puideron acceder ao servizo o pasado ano.
A próxima cita terá lugar o xoves e o venres. Ubicaráse no Camiño Real da Magdalena, fronte aos restaurantes A Revolta e O Areal. Un espazo de sinxelo acceso e gran mobilidade ubicado en pleno paseo marítimo da vila. Na xornada do 8 de maio, o horario será de mañá e tarde (de 9 a 13,30 horas e de 15,15 a 18 horas), namentras que o 9 de maio, limitaráse á mañá, de 9 a 13,30 horas. Os vehículos que poderán beneficiarse da medida serán aqueles con masa menor ou igual a 3.500 kilogramos. Isto é, turismos, quads e coches que non precisan carnet para a súa conducción. Precisamente, a medida será especialmente ventaxosa para estes últimos.











