A Última Copa convértese no relato gañador do certame Le, escribe… Adestra a túa mente!

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBurela
A-
A+

A Última Copa. Título do relato ganador do IV Certamen de Relatos Curtos “Le, escribe… Adestra a túa mente!” que organiza cada tempada a Liga Nacional de Fútbol Sala, actividade enmarcada no seu programa de Responsabilidade Social e que conta co apoio da Editorial SM.

En categoría adulto, o gañador do Certamen foi José Díaz, burelés de 39 anos que coa súa conmovedora historia fíxose acreedor do primeiro premio; libros de texto, balón oficial da LNFS,… que decidiu doar ao Burela Pescados Rubén. O club burelés agradece o xesto de José Díaz que fixo entrega do premio na oficina do club burelés a Alfonso Mera, coordinador da Escola Deportiva Burela FS.

A Última Copa

Sentín algo estraño cando levantei a última copa. Debería ser tan só emoción, pero foi algo máis. Unha sensación de baleiro e soidade invadiume xusto no momento no que o presidente da FIFA tendeume o fermoso e solemne trofeo. Deixei de escoitar ao público, que ateigaba as gradas do pavillón. Os seus gritos de xúbilo convertéronse nun silencio seco que parecía disposto a asfixiarme sen compaixón. As miñas compañeiras de equipo gritaban e zarandeabanme entusiasmadas.

– ¡Eh, Alba, espabila!….¡Somos campioas!

Iso dicíanme, pero eu, oía outra cousa… […]

22 de maio de 2014 | 16:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.