A UAD de Monforte conciencia sobre o tabaquismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Cada ano, o 31 de maio, a OMS celebra o Día Mundial sen Tabaco, cuxo obxectivo consiste en sinalar os riscos que supón o consumo de tabaco para a saúde e fomentar políticas eficaces de redución do devandito consumo. O consumo de tabaco é a principal epidemia prevenible á que se enfronta a comunidade sanitaria.

O tema do Día Mundial Sen Tabaco 2014 é “SUBIR OS IMPOSTOS AO TABACO”. A epidemia mundial de tabaquismo mata cada ano a case 6 millóns de persoas, das cales máis de 600.000 son non fumadores que morren por respirar fume alleo

Con tal motivo a UNIDADE ASISTENCIAL DE DROGODEPENDENCIAS instalará unha mesa informativa.

Para obter máis información sobre o tabaco e como deixalo o persoal da UAD estará na rúa Cardeal o luns, día 2 de xuño, durante a mañá.

O obxectivo primordial do Día Mundial Sen Tabaco é contribuír a protexer ás xeracións presentes e futuras non só desas consecuencias desvastadoras para a saúde, senón tamén dos flaxelos sociais, ambientais e económicos que se derivan do consumo de tabaco e a exposición ao fume que desprende.

Para axudarche a controlar esta adicción cambiarémosche o teu cigarro por unha froita, máis saudable e máis económica.

Agradecemos ao Supermercado GADIS a súa colaboración cedéndonos gratuitamente a froita que repartiremos.

29 de maio de 2014 | 18:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.