A Tradescola impartirá un concerto didáctico de música tradicional en Maio de Lingua
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, realizará unha nova xornada de música tradicional impartindo un concerto didáctico dirixido a nenos, dentro do ciclo Maio de Lingua, nunha nova sesión do Maio Miúdo. Este programa cheo de actividades, está impulsado pola área de Cultura da Deputación de Lugo co gallo de promover a lingua e cultura galegas.
A Tradescola súmase a esta iniciativa colaborando coa realización deste concerto didáctico que terá lugar mañá xoves 22 de maio a partir das 17.30 horas na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (Lugo) e que achegará aos asistentes a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosando os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Este concerto estará guiado polos mestres da Tradescola Xose Lois Romero e Pablo Carpintero.











