A subcampioa galega de bailes latinos impartirá un obradoiro de salsa en Oroso
Carmen Vila, subcampioa galega de bailes latinos, impartirá este domingo 25 de maio un obradoiro de salsa no centro cultural de Sigüeiro, organizado polo Club Deportivo Alecrín e que conta coa colaboración do Concello de Oroso. As clases terán lugar entre as 17:00 e as 21:00 horas, estruturadas en catro sesións adaptadas á idade e ao nivel dos alumnos e alumnas do obradoiro.
A sesión será gratuíta para os socios do Club Deportivo Alecrín e cunha cota de inscrición de 20 euros para os non socios. Máis información no teléfono 881 981 738, no mail clubdeportivoalecrin@gmail.com ou na web www.talleralecrin.com. Este é o segundo dos tres obradoiros de baile organizados polo Taller Alecrín. O último obradoiro terá lugar o domingo 8 de xuño, estará dedicado ao Cha cha chá e será impartido por Patricia Martínez e Adrián Esperón, campións de España de bailes 1997-2014.











