A Semana Cultural da Chavasqueira promoverá o deporte, medio ambiente, termalismo, saúde e cultura
Desde este mesmo sábado, 10 de maio, e ata o domingo día 18, a AV A Chavasqueira organizará, en colaboración co Concello de Ourense, a Semana Cultural A Chavasqueira 2014. A programación, presentada esta mañá no Centro Termal das Burgas polo concelleiro de Termalismo, José Ángel Vázquez Barquero e o secretario da AV A Chavasqueira, Manuel Pérez, incluirá deporte, medio ambiente, termalismo, saúde, participación cidadá e cultura, coa culminación da semana co VIII día termal da Chavasqueira.
A programación completa é a seguinte:
Sábado, 10 de maio, desde as 10 h: Día do Deporte: III Torneo de Hockey A Chavasqueira, con categorías benxamín, alevín, infantil e cadete mixto.
Martes, 13 de maio:
– Ás 18 h: Día do Medio Ambiente: Charla sobre o programa “Come Ourense” e as hortas de Montealegre. Charla sobre a reciclaxe do aceite doméstico.
– Ás 19 h: Día do Termalismo: Conferencia sobre “Os pilares do termalismo a toda a poboación”, pola doctora Marita Souto Figueroa.
Mércores, 14 de maio, Día da Saúde: ás 17:30 h: “Coñece o pilates; ás 19 h: Conferencia sobre hixiene alimentaria.
Xoves, 15 de maio, Día da Cultura: ás 18:30 h: grupo de teatro trécola interpreta “1, 2, 3 splash na Chavasqueira”. Exhibición de cursos de ximnasia: pilates, baile, step e zumba.
Venres, 16 de maio, Día da Participación Cidadá: ás 19 h clausura dos cursos 2013-2014, e actuación das cantareiras da Chavasqueira.
Domingo, 18 de maio: VIII Día Termal A Chavasqueira.
10 h (Andaina Termal): Inscrición ata o 12 de maio.
12 h: Conferencia de Saúde e Deporte.
14 h: Exhibición Danza do Ventre (academia Enka).
14:30 h (Comida Popular): Inscrición ata o 12 de maio.
15:30 h (Baile con grupo musical)
18 h: Teatro
18:30 h: Sorteo Semana Cultural.
19 h: Actuación de María do Ceo, con aforo limitado.











