A reserva de biosfera As Mariñas buscará a participación da sociedade na súa imaxe

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A reserva da biosfera busca imaxe. E para conseguila, As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo fai un chamamento á participación da sociedade e dos veciños. “Esa foi forma que fixo posible a obtención da denominación por parte da Unesco e é o xeito de traballar que
seguimos desde o principio”, explica o presidente, José Antonio Santiso.

As Mariñas Coruñesas lanza un concurso de ideas para a creación do logotipo e tamén do lema da reserva. A imaxe valerá ademais para a marca de calidade da reserva que no futuro identificará as producións aquí xeradas. A participación está aberta a calquera persoa física, con independencia do seu lugar de residencia. O deseño deberá ser creativo e inédito, non podendo ser presentado a calquera outro concurso. O logotipo irá acompañado dunha breve explicación sobre a idea que se quere representar.

Para participar na iniciativa é necesario remitir a proposta ao correo electrónico concursologoreserva@gmail.com, indicando os datos persoais do participante. Cada persoa poderá concorrer co máximo de tres deseños. Os criterios de valoración serán tres: a identificación da proposta cos valores que representa a reserva da biosfera; a originalidad e creatividade; e a fácil adaptación aos diferentes soportes de difusión das Mariñas Coruñesas. O xurado estará composto por diferentes membros do Comité Executivo e do Comité Científico
da reserva.

As consideradas tres mellores propostas recibirán un premio, consistente nun ordenador portátil ou tablet, obtidos grazas á colaboración da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos (ACEBE). O data límite para recibir propostas será o 30 de xuño. O presidente da reserva de biosfera está convencido da “importancia vital” que ten a implicación da sociedade para As Mariñas Coruñesas funcione. “Queremos que os veciños dos 17 municipios síntanse involucrados e por iso as iniciativas de participación social, como esta, serán unha constante”, asegura.

6 de maio de 2014 | 13:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.