A referencia do piragüismo galego estará esta fin de semana no Grove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaO Grove
A-
A+

O Trofeo Concello do Grove será o punto de referencia do piragüismo galego este fin de semana. Disputaranse dúas regatas, o sábado e o domingo a partir das 17.00 horas, nas que participarán ao redor de 650 padexeiros. Á cita acudirán os mellores deportistas autonómicos, segundo a lista de inscritos.

Os sénior e os xuvenís serán os protagonistas o sábado. Terán que percorrer 7,5 quilómetros ata a liña de chegada. Pola súa banda, os infantís e cadetes afrontarán o domingo cinco quilómetros.

Esta é unha das probas máis importantes da tempada, tanto polo número de participantes como polo prestixio da mesma. O Breogán do Grove, encargado da organización, traballou intensamente ao longo de toda a semana na unhas regatas que serán multitudinarias.

16 de maio de 2014 | 19:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.