A praza de Galicia de Vilagarcía será o epicentro do fútbol coa emisión da final da Champions League

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Praza de Galicia converterase a tarde noite do sábado no epicentro dunha gran festa do fútbol coa emisión pública e en directo da final da Champion League entre o Real Madrid e o Atlético de Madrid. O Concello promove a iniciativa a efectos de aproveitar o ambiente festivo que xa se vive estes días con motivo da celebración de Santa Rita, para que os vilagarciáns non queden na casa nestas datas, non perdan a oportunidade de gozar do evento deportivo de xeito multitudinario e para que ao remate do partido continúen a festa nas rúas da cidade.

O Concello chegou a un acordo coa empresa que xestiona a pantalla xigante da Praza de Galicia para emitir nela a final que se disputa en Lisboa entre os dous equipos españois, un evento histórico para o deporte que o Concello pretende que tanto as afeccións de ámbolos dous equipos como os do fútbol en xeral compartan con alegría, nun clima de confraternidade e de festa.

21 de maio de 2014 | 17:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.