A Praza de España de Monforte acolle o “Festival das Letras Galegas”
O sábado 17 de maio ás sete e media da tarde terá lugar na Praza de España de Monforte o “Festival das Letras Galegas”, unha actividade xa tradicional programada dende a delegación de Cultura do Concello con motivo do Día das Letras Galegas.
O “Festival das Letras”, organizado este ano pola Asociación Cultural Amigos da Pandeireta, contará con actuacións musicais de agrupacións monfortinas e foráneas de diversos estilos e con notable presenza da música tradicional.
A actividade, encadrada no Programa Cultural do Concello, súmase a outras iniciativas que xa se realizaron con anterioridade ou que aínda se atopan en cartel, tales coma o concerto de César Morán, o espectáculo de narración oral a cargo de Lois Pérez, ou as diferentes representacións teatrais que se inclúen nos actos das Letras Galegas.
As agrupacións que actuarán no “Festival das Letras Galegas” son as seguintes:
– Coral Polifónica do Concello de Monforte
– Coral Polifónica de RENFE
– Grupo de Gaitas do Concello de Monforte de Lemos
– Asociación Cultural Legoa Dereita do Corgo
– Asociación Cultural Amigos da Pandeireta de Monforte











