A Policía Local de Vilagarcía tramitou 38 expedientes por vehículos abandonados
O Departamento de Vehículos da Policía Local de Vilagarcía tramitou o pasado ano 38 expedientes de abandono que deron como resultado o envío ao despece de 17 automóbiles. A actividade rexistrada neste ámbito foi inferior á do exercizo anterior, xa que en 2012 abríronse 53 expedientes e foron ao despece 48 vehículos.
Os expedientes de abandono de vehículos inícianse tanto polo abandono na rúa de automóbiles ou motocicletas, como por vehículos inmobilizados no seu día por infraccións e que os seus titulares non foron a recoller ao depósito municipal ou que renuncian voluntariamente a eles. As causas das inmobilizacións poden ser circular sen seguro, sen matrícula, por accidente de tráfico,…. e os vehículos (motos, coches, furgonetas…) lévanse ao depósito ata que el titular subsanen os motivos da inmobilización. Canto máis tempo pasen non depósito, máis cargas económicas acumula (por taxas de depósito e custodia), polo que si o coche xa non ten demasiado valor de por si, hai xente que acaba renunciando ao vehículo, o cal da pe ao inicio dun expediente de vehículo abandonado e á posterior tramitación de envío ao desguace para a súa destrución por parte dunha empresa xestora habilitada. O papel do departamento de Vehículos da Policía non remata aí, xa que tamén se encarga de tramitar a baixa dos vehículos na Xefatura Provincial de Tráfico, así como no Padrón Municipal de Vehículos.
Complexo trámite administrativo
A Policía Local leva a cabo dende hai anos una campaña para retirar os vehículos abandonados das rúas e espazos públicos do municipio. Cando se detecta un vehículo en estado de abandono e que leva moito tempo no mesmo lugar, ábrese o correspondente expediente de abandono, un procedemento largo e complexo. O primeiro paso é a identificación do titular a través das bases de datos da Dirección Xeneral de Tráfico. A continuación se lle notifica ao propietario o inicio do expediente. Se o titular non solventa a situación, o procedemento continúa. No caso de que a notificación non sexa posible por non localizar o enderezo do propietario, hai que proceder á publicación do anuncio e respectar os prazos previstos para continuar co expediente que resolva a destrución do vehículo.
Outras das circunstancias que se atopa a Policía Local e que demoran e complican a tramitación e peche dos expedientes de abandono son que os vehículos estean inmobilizados ou precintados por mandamentos xudiciais ou da Xefatura Provincial de Tráfico, causas relacionadas coa Seguridade Social, embargos…. Nestes casos, a Policía non pode completar o expediente ata que ditas causas conten con resolución.











