A Policía de Ferrol detñen a dous graffiteros aos que se lles atribúen danos por 10.000 euros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrolLocal PortadaSucesos
A-
A+

A Policía Municipal de Ferrol informa que a Asociación de Veciños de Esteiro presentou o mes pasado unha denuncia pola proliferación de graffitis no barrio, achegando un álbum fotográfico no que se recollían mais de cincuenta “pintadas” tanto en fachadas de edificios públicos como privados, así como en diverso mobiliario urbano.

A raíz desta denuncia, a Policía Local comprobou que a tipoloxía e deseño destas grafías repetíanse en Esteiro e outros barrios da cidade; e que responden a tipos diferenciados no mundo dos graffiteros (“pompas”, “tags”) coas que expresan o grupo ao que pertencen. Unha investigación polas redes sociais e outros medios, permitiu a identificación e detención de “Chou” e “Ketu”, dous mozos coruñenes que se encontran estudando no campus ferrolán e aos que se atribúen diversos delitos de danos que superan os 10.000 euros.

15 de maio de 2014 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.