publicidade hoxe

A Piscina Climatizada de A Cañiza clausura a tempada das Escolas Deportivas Municipais de Natación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Cañiza
A-
A+

O Concello de A Cañiza a través do Servizo Municipal de Deportes acolle dende hoxe e ata o venres, 30 de maio, unhas xornadas divertidas de natación dentro das actividades programadas para clausurar a presente tempada deportiva, nas que participarán cerca de 300 nen@s de idades comprendidas entre os 3 e os 17 anos.

Durante estes tres días os alumnos así como os seus pais, nais e familiares poderán disfrutar de entretidas actividades de natación recreativa con hinchables, tobogáns de auga, tirolitas acuáticas e moitos máis xogos. Como novidade este ano permítese aos familiares entrar na piscina cos nenos e tamén poden asistir como público.

O día 30 de maio clausurarase a tempada coa entrega de diplomas a todos os alumn@s por parte do Alcalde da Vila, do Concelleiro de Deportes e os profesores-monitores dos nenos. Ao rematar celebrarase unha gran festa de despedida con merenda e agasallos.

Estas xornadas contan co patrocinio de varios establecementos e empresas de A Cañiza que desinteresadamente e ano tras ano colaboran con esta escola de natación.

 Piscina Municipal Climatizada.

– A piscina cuberta, inaugurada na primavera de 1.995, está homologada pola Federación Galega de Natación ao cumprir con todos os requisitos e normativas exisidas nos regulamentos para a celebración de competicións de natación organizadas por esta Federación.

– As súas instalaciones se sitúan  no complexo municipal que, ao mesmo tempo, alberga a Casa de la Cultura , o Telecentro de Comunicación e o ximnasio municipal (dotado este último de dúas pistas de squast, ximnasio, sala de aerobic e sala de taekwondo). Ten  capacidade para unhas 300 persoas aproximadamente, repartidas entre a zona de espectadores – que conta cun aforo para 200 persoas –  e a zona de vestiarios e piscinas con capacidade para  máis  de 150 bañistas.

– O edificio está integrado por dúas plantas, uhna destinada ás dúas piscinas, con gradas e vestiarios e, onde  todas as dependencias están interrelacionadas entre sí. Conta con outra zona situada no sótano para albergar a sala de máquinas das piscinas. O total da superficie construida ascende a 1726.07 metros cadrados.

– Esta instalación deportiva dispón de dúas cubas. O recinto da piscina olímpica, destinada a competición, cunhas medidas de  25’00 por 12’51 m. e 6 calles e a piscina de ensino  que dispón dun total de 75 metros cadrados tendo unhas dimensións de 12’50 por 6’00 m.

28 de maio de 2014 | 11:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.