publicidade hoxe

A película galega “O Apóstolo” proxéctase na Casa da Cultura de Carral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

Dentro do programa das Letras Galegas, a Concellería de Cultura presenta na Sala de Audiovisuais da Casa da Cultura, o film galego O Apóstolo, que obtivo unha trintena de premios do ámbito audiovisual.

A película, dirixida por Fernando Cortizo e realizada coa técnica de animación stop motion, narra as peripecias dun convicto recén fugado do cárcere que tentará recuperar un tesouro escondido anos atrás. Siniestros anciáns, aparicións espectrais e ata o arcipreste de Compostela cruzaranse no seu camiño.

A proxección terá lugar o vindeiro venres, ás 20:30 h. con acceso libre ata completar o aforo.  A película non está recomendada para menores de 7 anos.

A CONCELLERÍA DE CULTURA ENTREGARÁ OS PREMIOS DO CONCURSO DE AUDIOVISUAIS DAS LETRAS GALEGAS

No marco do XI Congreso da mocidade pola lingua, que organiza o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do Colexio Vicente Otero Valcárcel e no que colabora o Concello de Carral, entreganse os premios da segunda edición do Concurso de Audiovisuais das Letras Galegas. O congreso terá lugar durante a mañá do venres 16 de maio.

O concurso, organizado pola Concellería de Cultura e polo Servizo municipal de Normalización Lingüística, está dirixido ao alumnado da ESO de Carral, e a el  presentáronse para obtar aos 3 premios un total de 6 traballos.

Os traballos, que se subirán á rede na vindeira semana, serven para homenaxear a Díaz Castro e a outros e autoras aos que se lles dedicaron os actos das Letras Galegas.

Entre os premios que se repartirán hai tabletas, teléfonos móbiles, auriculares, diccionarios, discos, dvds, libros, etc.

Para desenvolver o concurso o Concello de Carral conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

13 de maio de 2014 | 20:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.