publicidade hoxe

A parroquia tomiñesa de Vilameán celebra a súa III Festa do Millo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioTomiño
A-
A+

O vindeiro sábado, 31 de maio, terá lugar a III Festa do Millo na parroquia de Vilameán. A partir das catro da tarde, partirase dende o recinto de festas cara aos Muíños de Porto, recentemente restaurados, nos que terá lugar a moída.

Ao baixar, haberá sardiñas, pan de millo e empanadas de millo, todo a prezos populares.

A xornada estará amenizada pola Treboada Baixo Miño e a batucada “Pátitis”.

A tradicional recollida de millo polas casas da parroquia, levouse a cabo o pasado sábado, con gran colaboración de toda a veciñanza.

 

27 de maio de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.