A parroquia mosense de Pereiras celebra a V Golfmanía

Presentación da V Golfmanía
Un ano máis, e xa con este vai a V edición, organízase na parroquia mosense de Pereiras o evento Golfmanía, dirixido a tódolos amantes dos coches Volkswagen Golf.
A V Golfamanía de Pereiras terá lugar este sábado, 17 de Maio, e nela poderán participar todas as personas que posúan un modelo Volkswagen Golf de calquera das series que saíron ó mercado, e que son un total 7 edicións do mítico modelo da automoción alemana.
A Golfmanía deste ano consitirá nunha ruta, ó igual que en anteriores edicións. O evento comezará coa concentración dos participantes na Igrexa de Pereiras entre as 9:00 horas e as 10:30 horas da mañá para recoller os dorsais.
Ás 10:30 horas darase o pistoletazo de saída da ruta, que partirá en dirección a Porriño, Pazos de Borbén, Moscoso, praia fluvial de Mondariz, Ponteareas, e regreso novamente por Porriño ata Pereiras. Será xa na propia parroquia de Pereiras onde os que así o desexen poderán disfrutar dun xantar que está programado con previa inscripción e prezo de 20 euros por comensal, existindo tamén a posibilidade de participar na ruta sen quedar ó xantar.











