A ópera Cavallería Rusticana levará ao público de Ourense ata un auténtico pobo italiano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioOurense
A-
A+

A concelleira de Educación e Cultura, Ana Garrido, asistiu esta mañá a presentación da ópera Cavallería rusticana, que terá lugar o sábado día 7 de xuño ás 21 h.

Esta actuación, celébrase tras o éxito obtido o pasado ano na xira Viva Verdi, que tamén foi acollida no Auditorio Municipal.

Cavallería rusticana, de Prieto Mascagni, trátase dun thriller ambientado nun pobo de Italia pero que fácilmente poderíamos trasladar a calquera outro punto da España profunda. Unha explosiva versión na cal quedan en evidencia sentimentos tan humanos como o amor, o odio, a vinganza e o sufrimento, sostidos de maneira maxistral pola marabillosa música de Mascagni.

Un elenco de primeiras figuras da Lírica nos roles principais realzan aínda máis esta obra representativa do Verismo (Naturalismo) italiano de finais do século dezanove e principios do vinte.

Participarán aproximadamente un total de 60 persoas entre solistas internacionais, a Coral do Liceo de Ourense, a Orquestra Clásica de Vigo….

As entradas teñen uns prezos de 13 e 16 euros, e están a venda en www.servinova.com, na Sede do Liceo, ou dúas horas antes do comezo da actividade.

21 de maio de 2014 | 17:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.