A mancomunidade Turística Terras do Avia abre as súas portas a novos concellos do Carballiño e O Ribeiro
Foi no transcurso da sesión plenaria, aproveitando que se tiña que adaptar os estatutos á legalidade, onde se decidiu introducir esta modificación, coa que esta mancomunidade turística nada a principios da década dos 90, e que estaba pechada aos concellos de Carballiño, Ribadavia, Leio e Bobiràs, poida ser motivo de ampliación por incorporación de calquera concello das comarcas de Carballiñoou do Ribeiro.
O obxectivo sería crear un grupo representativo das dúas comarcas, nas que cada concello achegaría o seu gran de area á difusión turística de toda a zona e, desta forma, poder ofrecerse como un destino turístico importante no que se refire ao interior de Galicia.
Así mesmo, coa unión de todos ou a maioría dos concellos nesta mancomunidade turística, poderíase xestionar o geodestino turístico que abarca as comarcas doCarballiño-Ribeiro, dunha forma directa, potenciando en cada momento os lugares ou citas festivas, culturais ou gastronómicas de cada municipio integrante. Tamén serviría para poder mostrarse en feiras sectoriais, e en reunións cos turoperadores, como un conxunto inigualable en todo o territorio galego.
Na actualidade Terras do Aviaa posto en marcha o desarroyo dun proxecto turístico virtual con códigos QR, que se espera este en marcha durante este verán e estivo realizando diversas accións de promoción turística con presenza en feiras internacionais como FITUR en Madrid, ou Xantar en Ourense. Tamén se editaron numerosas guías, destacando as destinadas a promocionar as rutas de sendeirismo dos 4 concellos, a gastronomía dos mesmos ou unha dedicada ao patrimonio cultural de Leiro, Carballiño, Ribadavia e Boborás.
Entre as accións de difusión do turismo Terras do Avia tamén editou un libro do catro concello así como unha guía en soporte dixital, que se ofrece nas oficinas de turismo de cada un deles e nas distintas feiras turísticas ás que acoden.











