A Laracha contará con 6 prazas nos campamentos deportivos da Deputación da Coruña
A Deputación da Coruña outorgou seis prazas ao Concello da Laracha nos campamentos deportivos que organiza o ente provincial e que van dirixidos a nenos nados entre os anos 2001 e 2004, ambos incluídos.
A quenda de asistencia do noso municipio será a terceira, isto é, do 13 ao 19 de xullo.
Durante o campamento a estancia será nas instalacións do colexio Calvo Sotelo da Coruña. Os participantes practicarán diversas modalidades deportivas, como actividades náuticas, equitación, fútbol, tenis, piragüismo, etc. Algunhas das actividades realizaranse en inglés para reforzar a aprendizaxe desta lingua.
O prazo de preinscrición xa está aberto. Os interesados deben anotarse no Concello como data límite o 19 de maio. Entre todos os solicitantes realizarase o sorteo público das seis prazas concedidas á Laracha.











