A iniciativa ‘Sabedoría dos Recordos’ continuará nas poboacións de Mandín e Tamagos
Tras finalizar a primeira etapa da iniciativa ‘Sabedoría dos Recordos’ nas localidades de Vilela, Feces de Abaixo, Tamaguelos e Queizás, o Concello de Verín arranca a segunda edición da mesma nas poboacións de Mandín e Tamagos.
Esta iniciativa, que se desenvolverá nos respectivos centros sociais destas dúas localidades, iníciase esta semana e terá lugar ata o mes de xullo. A mesma ten por obxecto que os/as veciños/as asistentes plasmen as lembranzas das tradicións, costumes, sabedoría popular, ao mesmo tempo que participan activamente na realización de actuacións que serán recollidas de maneira gráfica. As mesmas permitirán, ademais de fomentar o aprendizaxe e socialización entre os/as participantes, a recompilación dos saberes para a súa transmisión as xeracións futuras.
Os recordos son parte da nosa vida a nivel persoal, familiar, comunitario e de formación integral coma persoas que pertencemos a unha sociedade cunhas características culturais particulares, acadaremos así organizar os nosos recordos e a nosa idiosincrasia. Dentro de ‘Sabedoría dos Recordos’ realizaranse distintas actividades, entre as que se poden destacar: a cociña da nosa aldea (receitas e remedios), as vivencias dos/as nosos/as veciños/as, relacións familiares e veciñais; festas, xogos populares, música tradicional e cantigas, e os traballos do campo (horta, recollida).











