A implementación práctica do SEPA a debate no Centro Empresarial do Tambre
Máis de cen empresarios déronse cita na sede da asociación para aclarar as súas dúbidas sobre a implantación do sistema de pagos europeo (SEPA).
A Asociación de empresarios do Tambre, en colaboración co Banco Pastor, celebrou esta mañá, unha xornada na que se abordaron os aspectos máis prácticos da implantación do novo sistema de pagos que afecta ás domiciliaciones e transferencias.
O relatorio a cargo de Rafael Lomba, do Grupo Banco Pastor-Popular, centrouse nos aspectos técnicos e administrativos, os novos prazos de xestión que terá que considerar a empresa e nas implicacións que iso leva para a xestión da tesouraría.
A implantación do SEPA que entrara en vigor a principios deste ano, foi obxecto dunha moratoria até o próximo mes polas dificultades de adaptación que viñan observando. Nestes meses algunhas empresas xa adaptaron os seus sistemas e programas de emisión de recibos, no entanto seguen xurdindo dúbidas e dificultades, polo que se estimou moi conveniente, ante a finalización do prazo da moratoria, facer un recordatorio xeral e á vez comentar a problemática que foi xurdindo coas empresas que xa o están aplicando











