A Guarda tramita a contratación de peóns en base ao plan da Deputación de Pontevedra

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda informa que está tramitando a través do Plan de conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra, a contratación de 17 traballadores/as desempregados/as do municipio.

Os contratos que se ofertarán serán de 25 horas semanais por un período de 6 meses na categoría de peóns, estando previsto o seu inicio o día 1 de xullo.

Poderán ser beneficiarios/as deste programa as persoas desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados, non perceptoras de prestacións ou perceptores/as de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos mínimos de subsistencia (RISGA, RAI ou PREPARA).

Para máis información podes dirixirte ao concello da Guarda, departamento de desenvolvemento local ou oficina de información xuvenil.

29 de maio de 2014 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.