A Guarda publica as bases para o concurso da rosca de xema para afeccionados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda organiza a primeira edición “A GUARDA DOCE” que nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías, pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.

Dentro da programación do “A GUARDA DOCE” o Concello da Guarda e os postos participantes propoñen o “Concurso da Rosca de Xema para afeccionados. A Guarda Doce”. A finalidade do concurso é dar protagonismo a rosca de xema, o doce de excelencia da Guarda, polo que o concurso desenvolverase a partir das 18 h do domingo 1 de xuño.

BASES:

PARTICIPACIÓN INDIVIDUAL para afeccionados e maiores de idade.

ROSCA DE XEMA cun peso aproximado de 1 kg por participante.

RECEPCIÓN DAS ROSCAS: Entre as 18.00 e as 18.30 horas no posto situado na Alameda para a súa exposición.

FORMA DE ENTREGA: Cada rosca irá acompañada cun sobre pechado que conterá unha folla cos datos do participante. Este sobre será gardado nun sobre do concello que se identificará co mesmo número que a rosca.

DEGUSTACIÓN E DECISIÓN DO XURADO: Ás 19:30 horas o xurado procederá a degustación e valoración das roscas presentadas.

-XURADO: Estará composto por profesionais dos establecementos da Guarda     e por persoal do Concello. O xurado pode declarar deserto o Concurso se o considera oportuno.

-CRITERIOS DO XURADO: valorará a presencia e o seu sabor.

PREMIOS: – 1º, 2º e 3º: Lote de produtos. Trala entrega dos premios os participantes poderán recoller as súas roscas.

A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases do mesmo.

Máis información: OFICINA DE TURISMO – TEL 986 614 546 – turismo@aguarda.es

26 de maio de 2014 | 19:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.