A Guarda comeza o acondicionamento de praias tras un duro inverno

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda iniciou fai unhas semanas a tarefas de acondicionamento das praias, para que estean en bo estado de cara ao verán. Así, un total de 6 operarios participan na limpeza de Area Grande, Fedorento, O Muíño, A Lamiña e A Armona. Ademáis, outros traballadores do Concello ultiman a mellora do entorno como A Senda Litoral ou o aparcamento de Area Grande, despois dos fortes temporais e marusías que afectaron á Guarda nos últimos meses.

Unha vez rematada esta primeira fase de limpeza, procederase á revisión do equipamento dos mesmos, coa colocación de duchas, pasarelas e colectores selectivos, entre outras moitas cousas.

A Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes Álvarez, mostrou a súa intención de seguir traballando na mellora do noso entorno , e destacou que no caso da praia do Carreiro, están á espera de que Portos de Galicia acometa as obras necesarias que permitan ó acceso ó areal e poder levar a cabo a súa limpeza.

13 de maio de 2014 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.