A Guarda adapta as tarifas de acceso e as potencias dos suministros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Debido aos cambios levados a cabo nas tarifas eléctricas de acceso e ao aumento nos custos da enerxía de potencia dende o 1 de xaneiro, a Concellería de Servizos está adaptando as tarifas de acceso e as potencias dos suministros do Concello contratadas á demanda do consumo.

Estas medidas permiten aforrar uns 20.000 euros anuais, xa que que dende esa data a penalización por exceso de potencia consumida sobre a contratada é do 200%. Destaca a política rigurosa de control do Concello da Guarda que posibilita un incremento notable sobre o aforro que xa se vén facendo dende fai anos. Un aforro conseguido tras as accións levadas a cabo como por exemplo o control dos horarios de encendido e dos focos de iluminación, a eliminación de puntos de tanto alzado e a corrección de enexía reactiva, a través da colocación de baterías de condensadores, entre outras.

Ó mesmo tempo estáse a facer dende fai uns meses un estudo minucioso de todos os suministros de máis de 10Kw e daqueles outros que estean no T.U.R, para realizar unha nova contratación a través do concurso público.

30 de maio de 2014 | 19:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.