A gardería municipal de Brión vive un simulacro de evacuación de incendio

Simulacro na gardería de Brión
A escola infantil municipal acolleu esta mañá un simulacro de evacuación por incendio que contou coa participación de Protección Civil e Policía Local de Brión en cumplimento da normativa da Consellería de Educación que recomenda a realización de este tipo de simulacros, cando menos unha vez durante o curso. No caso da gardería municipal, en decembro xa fixeran un primer ensaio e este foi o segundo no que vai de curso.
O obxectivo de practicar este tipo de manobras é mellorar o tempo de resposta e interiorizar todo o proceso de evacuación, para poder executalo de chegar o caso coa máxima celeridade e eficacia. Así, os 82 nenos que esta mañá estaban no recinto escolar tomaron parte na manobra, saíndo ata o exterior do recinto perfectamente acompañados en todo momento polos seus profesores. O persoal municipal, tanto Protección Civil como Policía Local, tamén foron avisados para contabilizar o seu tempo de resposta, que foi excelente, igual que a resposta de profesores e rapaces, que tiveron unha xornada de mañá un pouco especial.











