A Garda Civil detivo a un veciño de Cangas por tráfico de drogas
A Garda Civil de Cangas detivo a FJ.C.P., de 42 anos de idade e veciño de devandita localidade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, tenencia e venda de drogas.
Ante as sospeitas de que esta persoa, que xa fora detida polo mesmo delito a principios do actual mes de maio, puidese estar novamente dedicandose á venda de estupefacientes a pequena escala, inícianse novas investigacións por compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cangas e do de Moaña.
Estas investigacións deron resultado positivo o pasado venres, día 16, cando o detido foi identificado no momento de entrar no seu domicilio portando un paquete en cuxo interior había uns 500 gramos de cocaína que previamente collera nun “zulo” escondido no medio dun monte do lugar de Ameixoada, termo municipal de Moaña.
Por todo iso procédese novamente á súa detención e condución ás dependencias oficiais para a instrución das dilixencias e continuación coas investigacións que deron lugar ao rexistro do seu domicilio onde, co apoio do Servizo Cinolóxico da Garda Civil, incautáronse 111 gramos de heroína, 2 de cocaína, efectos para o “corte” da droga, así como útiles e ferramentas para a súa venda.
O detido, xunto coas dilixencias instruídas e efectos intervidos, foi posto, na mañá do pasado día 17, a disposición do Xulgado de Instrución número TRES de Cangas quen decretou o seu ingreso en prisión.