A gañadora da mostra do Eixo Atlántico protagoniza en Vilagarcía o Concerto das Letras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

O Conservatorio Profesional de Música e o colectivo A Mesa das Verbas colaboran por segundo ano consecutivo para conmemorar o Día das Letras Galegas mediante unha actividade na que música e poesía dánse a man. O Concerto das Letras terá lugar o xoves 15 de maio ás 20:0 horas no Auditorio. A parte musical terá como principal protagonista a Elena Rodríguez, á alumna do Conservatorio que gañou o Premio Eligio Vila da Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrada a pasada fin de semana, mentres que os versos do autor homenaxeado este 17 Maio, Xosé María Díaz Castro, serán os que dean contido á parte poética do espectáculo.

A violinista Elena Rodríguez obtivo a pasada fin de semana o primeiro premio na modalidade de solistas na Mostra Musical do Eixo Atlántico celebrada en Vilagarcía e que contou coa participación de 250 músicos noveis de escolas e conservatorios de Galicia e Portugal. A flamante gañadora do premio Eligio Vila, compositor arousá ao que se lle dedicou a Mostra, interpretará no Concerto das letras as mesmas pezas polas que obtivo o galardón. Ademais farao acompañada ao piano polo profesor do Conservatorio, Javier Vila, fillo do propio Eligio Vila que tamén asistirá como público ao concerto.

A parte musical da actividade inclúe a interpretación de composicións para frauta, trompeta e a actuación do conxunto de gaitas de Cristian Silva.

As interpretacións musicais intercalaranse coa lectura de cinco poemas de Díaz Castro por parte do director da Mesa das Verbas, Xermán Torres e outros membros do colectivo. Tamén declamará o versos de “Penélope” a concelleira de Educación e Cultura, Rocío Llovo.

A entrada ao Concerto das Verbas é libre e de balde.

PROGRAMA

Danza e Contradanza de Darbo …Tradicional /Arr. Diego Mariño
Conxunto de Gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía de Arousa: Pablo Dopazo, Moisés Carral, David Canto e Marcos Varela

Os OutroA…X. M. Torres
Xermán Manoel Torres de Aboal

Schön Rosmarin …F. Kreisler
Elena Rodríguez Oubiña, Violín
Gañadora do 1º premio categoría Solistas A “Eligio Vila” da IV Edición da Mostra Musical do Eixo Atlántico
Javier Vila, pianista acompañante

Miña casiña, meu lar …Rosalía de Castro
Carmen Abalo

Adagio …B. Marcello
Carolina Pedrido Rodríguez, Frauta traveseira
Javier Vila, pianista acompañante

Tempos e tempos …Ramón Cabanillas
Enrique Brumbeck

Andante …J. Quantz
Carolina de las Fuentes Oliveira, Frauta traveseira
Javier Vila, pianista acompañante

Paxariños doces … T. Briones
Tere Briones

Lied …E. Bozza
Piece de Concours …L. Picavais
Esteban Rodríguez Bello, Trompeta
Vladimira Smausová, pianista acompañante

Fillos da Ira …R. Quintáns
Ramón Quintáns

Meditación …J. Massenet
Elena Rodríguez Oubiña, Violín
Javier Vila, pianista acompañante

Penélope …Xosé M. Díaz Castro
Rocío Llovo del Río, Concelleira de Educación e Cultura de Vilagarcía de Arousa

14 de maio de 2014 | 11:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.