A Feira do Libro da Guarda celebrarase o 18 de maio na Praza do Reló

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA GuardaCalendario
A-
A+

Como cada maio, volve a celebrarse unha vez máis á Feira do Libro da Guarda, onde acoden as librerías da nosa vila e da comarca do Baixo Miño, poñendo á venda os libros cun desconto do 20%.

A cita será o 18 de maio, domingo seguinte á celebración das Letras Galegas, e poderemos atopar ademais de libros, diversas actividades como obradoiros e espectáculos para os máis cativos, e ó final da tarde algunha sorpresa tamén para os adultos.

Pero para os máis pequenos da casa contamos con doble cita, cunha programación pensada para eles tanto na sesión de mañán, como na de tarde. Ás 12,30h. O escpectáculo infantil protagonizado pola Tropa de Trapo sobre “Antía, Wamba e o regato pequeno”. Pola tarde, a partir das 17h. poderán realizar curiosos marca páxinas monstruosos e chaveiros cos seus personaxes de conto preferidos.

Como ven sendo habitual, tamén atoparemos na Feira un stand no que poder adquirir as publicacións que ó longo dos anos, e sobre a vila da Guarda, editaron tanto o Padroado como o Concello da Guarda

Como novidade deste ano, o escritor guardés residente en New York, Francisco Álvarez “Koki”, estará ás 18h. firmando os seus libros, que se poderán adquirir en calquera dos postos alí presentes.

E como en edicións anteriores manterase o stand de venda de libros editados polo Concello da Guarda e o posto de intercambio de libros.

O éxito de público que acompaña cada ano a esta celebración, que xa conta coa súa 7ª edición, veñen a consolidar á feira guardesa como a gran festa da cultura na primavera.

PROGRAMA:

11.00.- Apertura dos postos das librerías.

12.30.- Contacontos da Tropa de Trapo: Antía, Wamba e o regato pequeno

17.00.- Obradoiros infantis: Marcapáxinas monstruosos e chaveiros

18.00h.- Firma de libros a cargo do escritor guardés Francisco Álvarez Koki

19.00h.- Monólogo de Quico Cadaval

20.00-20.30h.- Sorteo de lotes de libros (ó finalizar o espectáculo)

21.00h.- Peche da Feira.

PARTICIPANTES:

De A Guarda: ATLÁNTICA,LER,CERVANTES.

De O Rosal: MULTINOVAS

De Tomiño: NOVIDADES, VERBAS

De Gondomar: LIBRAIDA

9 de maio de 2014 | 19:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.