A Eurocidade presente na xornada ‘As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities’
Durante esta mañá a Eurocidade Chaves-Verín AECT participa na xornada ‘As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities’, organizada por Conetic e coa colaboración da Fundación Biodiversidade.
Na mesmo, o Secretariado Técnico participou na mesa redonda “Necesidades da administración local nas Smart Cities”, xunto con Sandra González, alcaldesa de Tomiño, Román Rodríguez, tenente de alcalde de Lalín, e Severino Rodríguez, alcalde de Monforte de Lemos. Unha presentación da Eurocidade Chaves-Verín como exemplo de eGoberno e de cooperación intelixente, destinado a converterse nun laboratorio de eurocidadanía para desenvolver un proxecto que representa todo un exemplo de integración cidadá a todos os niveis e polo que aposta a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e Europa. Na mesma, ademais de abordar as iniciativas de participación cidadá realizadas nestes últimos cinco anos de financiamento como territorio a nivel ibérico, tamén se abordaron os retos da cooperación transfronteiriza no horizonte 2020.
A xornada ‘As TIC e a e-administración no marco das Smart Cities’ ten por obxecto a identificación das necesidades ou posibilidades de mellora de ámbito smart existentes nos concellos participantes, así como amosar tecnoloxías existentes que axuden á eficiencia e sostibilidade da Administración Pública, de forma que sirva como exemplo dos campos no que desenvolver iniciativas empresariais exitosas.











