publicidade hoxe

A Eurocidade Chaves-Verín promove unha andaina pola Ruta dos Santuarios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Eurocidade Chaves-Verín AECT promove a oitava edición das súas andainas, co obxecto de incentivar a práctica deportiva física, promover a beleza paisaxística e ambiental do territorio, así como estreitar lazos de unión e convivencia entre flavienses e verineses. Nesta edición se desenvolverá a ‘Ruta dos Santuarios’ o vindeiro domingo 01 de xuño, coa visita ao Santuário de N.ª Sr.ª das Necessidades e do Engaranho, en Castelões, o de N.ª Sr.ª da Aparecida, en Calvão, e finalizando no de S. Caetano, en Ervededo, cun percorrido de 11 quilómetros aproximadamente.

A dificultade é media e as inscricións poderán realizarse ata o 29 de maio. O custo da inscrición é de 7 euros ou 5 euros para os/as posuidores/as da Tarxeta do Eurocidadán. Os/As participantes terán dereito a transporte ata o punto de inicio da andaina e retorno, así como reforzo alimentario.

Os/As interesados/as poderán inscribirse en Chaves no Centro Cultural e na Divisão de Desenvolvimento Sustentável, Turismo e Cooperação da Câmara Municipal (na Ladeira da trindade, n.º 17), neste último local tamén poderán solicitar a emisión da Tarxeta do Eurocidadán, de carácter gratuíto, e así beneficiarse do desconto na inscrición. En Verín, as inscricións poderán realizarse na tenda Multisport, mentres que a Tarxeta do Eurocidadán se expide no Concello de Verín.

En Chaves, a saída do autobús está prevista ás 8 horas (hora lusa), xunto ao Centro Cultural, e en Verín ás 8.45 horas (hora española), na Praza do Concello. O inicio da andaina será en Castelões, ás 09.30 horas (hora española), xunto á sede da Associação Cultural e Desportiva de Castelões, mentres que a chegada a S. Caetano está prevista ás 12 horas (hora española), onde terá lugar un reforzo alimentario saudable a cargo do nutricionista das Termas de Chaves – SPA do Imperador.

A iniciativa conta coa colaboración da Associação Flaviense de Caminheiros, Asociacion de Sendeirismo Ruta das Augas, Multisport Verín, Termas de Chaves – SPA do Imperador, União de Freguesias de Calvão e Soutelinho da Raia, Freguesia de Ervededo e Bombeiros Voluntários de Salvação Pública.

20 de maio de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.