A Eurocidade Chaves-Verín AECT participa na reunión da subcomisión do Camiño Portugués

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A cidade lusa de Braga acolleu unha reunión da subcomisión do Camiño Portugués, na que participaron representantes da Eurocidade Chaves-Verín AECT, Xunta de Galicia, Eixo Atlántico e municipios polos que transcorre o Camiño Portugués co obxecto de definir o plan de traballo anual no que será un eixo prioritario a mellora do Camiño Interior Portugués que percorre o territorio da Eurocidade.

O Camiño de Santiago converteuse nun fenómeno que transcende fronteiras, por este motivo os técnicos municipais de Chaves e Verín traballan para mellorar diversos aspectos desta ruta, como os promocionais, infraestruturais e de sinalización no camiño de Santiago.

A transversalidade dos camiños portugueses a Santiago require dun traballo coordinado entre Galicia e Norte de Portugal, cos concellos polos que transcorre o camiño nos seus diversos trazados -a maioría membros do Eixo Atlántico-. Por este motivo este grupo de traballo, do que forma parte a Eurocidade, realizará tarefas de coordinación de accións relacionadas coa mellora en sinalización dos itinerarios, maior dispoñibilidade de información sobre o camiño e mellora de estruturas de apoio aos peregrinos. Unha gran parte das accións do devandito grupo pasan pola coordinación na promoción do camiño, acondicionamento das rutas, dispoñibilidade de información en canto a infraestruturas para o peregrinos e coordinación de accións de divulgación entre os diferentes municipios, así como accións de cooperación institucional entre os entes implicados. Todo co obxecto de reforzar a imaxe do Camiño Interior Portugués, xa que como consideran os integrantes da subcomisión, en varios dos seus trazados posúe “personalidade propia” e conta con “un gran potencial para posicionarse a nivel internacional dentro de Europa.

9 de maio de 2014 | 16:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.