A Escola Magariños de Brión organiza o III Ciclo de Cine e Música dedicado a música e educación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

A Escola Municipal de Música Magariños de Brión organia a terceira edición do Ciclo de Cine e Música, que este ano está dedicado á relación entre a música e educación. A primeira cita terá lugar mañá venres 2 de maio, ás 18:30 horas, e terá coma protagonista o filme “Escola de Rock” (2003), dirixida por Richard Linklater e protagonizada por Jack Black. A segunda cita terá lugar o vindeiro mércores 14 de maio, ás 19:30 horas, e se proxectará o filme “Tocando ao vento” (1996), dirixido por Mark Herman. Ambas películas proxectaranse na Aula 5 da Escola de Municipal de Música Magariños. A entrada é libre e de balde.

O III Ciclo de Cine e Música está organizado pola Escola Municipal de Música Magariños, dentro do seu programa de actividades para a conmemoración do seu 10 aniversario, e conta coa colaboración do Concello de Brión, da Deputación da Coruña e da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

1 de maio de 2014 | 13:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.