A escola infantil de Vilagarcía pecha as listas provisionais de admitidos con 8 prazas libres
A Xunta Local de Goberno aprobou esta mañá a lista provisional de nenos e nenas admitidos na Escola Infantil Municipal para o curso 2014/14 polo que a Área de Servizos Sociais establece un prazo para a presentación de reclamacións que vai dende o luns, 5 ao venres 16 de maio. Nesta primeira avaliación quedaron 8 vacantes na aula de bebés e de 2 anos e tan só quedou lista de agarda no grupo de 1 ano. As listas provisionais pódense consultar no taboleiro de anuncios da web municipal ou nos Servizos Sociais do Concello.
Segundo esta valoración provisional das solicitudes presentadas, a Escola Infantil Municipal aínda contraría con prazas dispoñibles na aula de bebés (5 prazas) e na de alumnos de 2 anos (3). No grupo de bebés obtiveron praza 11 nenos, mentres que no de 2 anos, aprobouse a solicitude de primeiro ingreso a 65 alumnos a xornada completa, aos que hai que engadir os 50 que renovaron praza, máis 2 prazas que se reservan para casos de urxencia. En total formarán parte deste grupo 117 alumnos.
O único grupo de idade no que non quedaron vacantes e onde a demanda superou ao número de prazas ofertadas foi o de 1 ano. Aquí admitíronse 35 solicitudes de novo ingreso máis 16 renovación e unha praza que se reserva para casos de emerxencia. A lista de agrada neste tramo está composta por 37 demandantes.
A lista definitiva de admisións publicarase o 23 de maio, despois de informadas as reclamacións que poidan presentarse. Unha vez aprobada a lista definitiva, os interesados deberán formalizar a matrícula na Escola Infantil no prazo que vai do 28 de maio ao 10 de xuño.
Por outra banda, no ems de xuño realizarase unha valoración de tódolos nenos nados ata entón e os que presentaron a súa solicitude fóra de prazo co obxectivo de cubrir as vacantes.











