A Escola Infantil de Barrantes, en Ribadumia pecha as inscricións garantindo praza a todos os que fixeron a reserva

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

A Escola Infantil Municipal de 0-3 anos de Barrantes pecha o tempo de reserva de prazas para o vindeiro curso. Son 90 os nenos admitidos, unha media que se mantén nos últimos anos e que garánte que todos os nenos do concello que cumpren cos criterios de admisión e fixeron a súa solicitude conten cunha praza na gardería a partir de setembro.

A lista de admitidos publicarase este xoves 15 de maio no taboleiro de anuncios do Concello, momento no que se abrirá o período de matriculación. Alí mesmo se poderán recollerse os impresos así como a relación da documentación esixida. A gardería municipal de Barrantes dispón de sete aulas, que se adaptan aos diferentes tramos de idades segundo as demandas de cada curso.

A gardería de Barrantes representa unha das apostas do Concello de Ribadumia para facilitar a plena conciliación da vida laboral e familiar, e un dos obxectivos prioritarios en materia de servizos sociais promovido desde o actual Equipo de Goberno. A gardería permanece aberta desde as 8:00 ata as 20:30 horas, para facilitar a plena conciliación cos diferentes horarios laborais.

14 de maio de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.